ViveCamino

Culmina unha nova edición de Discamino infantil polo Camiño Portugués

Saíron o venres e, tras percorrer tres etapas, chegaron xunto á Catedral o domingo, acompañados por pais, adestradores e voluntarios

Durante o mediodía do pasado domingo chegaron á Praza do Obradoiro un grupo de 30 peregrinos en bicicleta cuxa historia non é sinxela. Son un grupo de nove nenos con discapacidade, que lograron realizar tres días de ruta desde Vigo polo Camiño Portugués grazas a unhas bicicletas adaptadas. Saíron o venres e, tras percorrer tres etapas, chegaron xunto á Catedral o domingo, acompañados por pais, adestradores e voluntarios.

Tratouse dunha nova edición de Discamino, organización que comenzou en agosto de 2009, cando Gerardo, un mozo xordo-cego de Vigo, fixo o seu primeiro Camiño de Santiago. Propúxose buscar a máis persoas como él para realizar o Camiño todos os anos e, desde entón, a organización peregrina anualmente desde Vigo. Con todo, esta foi a primeira edición infantil do evento, o que añadía un reto ainda maior para os seus participantes.

Todos chegaron sen problemas ata o seu obxectivo, a Praza do Obradoiro.