ViveCamino

Cunetas limpas no Camiño de Santiago que pasa por Piñeiro

O edil de Obras e Servizos de Silleda, Klaus Brey, asegurou que o traballo está a ser longo e laborioso, debido á gran cantidade de choiva caída o inverno pasado

É de total importancia que os bordos das estradas estén completamente limpos, a fin de que os peregrinos poidan realizar a súa ruta non só da forma máis cómoda posible, tamén da forma máis segura posible, sen verse obrigados a ter que invadir os carrís polos que circulan os vehícus debido ao mal estado das beiravías.

Por iso, gran cantidade de municipios, sobre todo agora que chega o verán e a afluencia de peregrinos e turistas é moito maior, aproveitan para acometer labores de roza en gran cantidade das súas vías. Silleda é un dos municipios que actualmente están limpando a maleza en gran cantidade de estradas rurais. Por outra banda, a brigada de obras en Piñeiro está poñendo o seu foco na limpeza das cunetas do Camiño de Santiago que transcorre pola zona. Ata o momento a abundancia de maleza dificultaba o paso dos peregrinos.

O edil de Obras e Servizos, Klaus Brey, asegurou que o traballo está sendo longo e laborioso, debido á gran cantidade de choiva caídá o inverno pasado, así que pide comprensión aos veciños. Non son as únicas labores de mantemento que se realizan no concello e na parroquia, pois estanse a bachear algunhas estradas en certos puntos conflitivos.