ViveCamino

Descubrindo o Camiño de Santiago: Arzúa, terra do queixo

La localidad coruñesa de Arzúa es la penúltima cabeza de etapa en el camino francés, en nuestra peregrinación hacia Santiago.

Arzúa é unha localidade coruñesa situada ao sueste da provincia galega. Esta localidade conserva importantes masas de bosque autóctono con carballeiras milenarias, as cales son escenario de romarías campestres. Un bo número de celebracións, tradicións e lendas xorden desta contorna, onde nos atopamos con ata tres santuarios diferentes (Da Mota, Fonte Santa e San Xoán de Navas), rodeados polos carballos milenarios de Arzúa.

Arzúa no Camiño de Santiago

Se chegamos a Arzúa, practicamente estaremos a rematar o camiño cara a Santiago. Arzúa é a penúltima cabeza de etapa do camiño francés, a anterior a Pedrouzo e a seguinte a Palas de Rei, situándose a tan só 39 quilómetros da capital galega.

Esta proximidade con Santiago facilita mesmo que algunhes peregrinos opten por camiñar dende Arzúa ata o Monte do Gozo, o cal se sitúa xa en Santiago de Compostela, aínda que a cinco quilómetros da catedral. Desta forma, o camiñante chega con maior tranquilidade á misa do peregrino.

A lenda do peregrino

Arzúa conta cun bo número de lendas e celebracións tradicionais enmarcadas nos seus frondosos bosques e as súas antigas construcións. Unha das lendas é a chamada "lenda do peregrino", a cal relata o paso dun famento peregrino pola localidade coruñesa. Ao chamar á porta dunha panadería no que acababan de quentar pan, a dama do local contestoulle que non atendían a maleantes, que se quería pan tería que pagalo.

O pobre do peregrino tombou na porta doutra panadería do pobo, na cal sí lle atenderon de forma máis fraternal, ofrecendo pan da semana pasada, posto que o do día estaba aínda cocéndose. Nun momento de descoido, o peregrino desapareceu misteriosamente sen deixar rastro, e á hora de sacar o pan do forno, os bolos da primeira panadería volvéronse de pedra, mentres que os da panadería hospitalaria, convertéronse de ouro.

O queixo de Arzúa

Se hai algo polo que se coñece especialmente á localidade de Arzúa, é polo seu famoso queixo da terra. Este queixo ten a categoría de "denominación de orixe" dende o ano 1995 e a cualificación de "Produto Galego de Calidade". O queixo de Arzúa elabórase de forma artesanal con leite natural e enteiro de vaca. Este queixo comercialízase en pezas de forma lenticular ou cilíndrica que van dende os 0,5KG ata os 3,5Kg.

En honra a este queixo, tódolos anos celébrase a denominada "Festa do Queixo", unha festividade que se acompaña con actividades artísticas, culturais, humorísticas e folkróricas, no que é unha clara promoción do produto da zona.