ViveCamino

Desembarcan seguindo o Camiño na Coruña e levan o barco ata Santiago

Naoimh Gobnait é o nome dunha embarcación, un bote tradicional de Irlanda construído segundo manda a tradición por dous peregrinos

Sen dúbida o Camiño de Santiago é o típico reclamo turístico visitado por decenas de miles de persoas onde, de forma constante, atópaste de pronto coa anécdota máis increíble ou divertida. Estes dous adxectivos son aplicables á hazaña de un grupo de peregrinos que facía Camiño desde Dublín, capital da República de Irlanda e cidade máis poboada da illa.

Naoimh Gobnait é o nome dunha embarcación, un bote tradicional de Irlanda construído según manda a tradición por dous dos peregrinos que, despóis de dous anos de planificación, finalmente esta semana chegaron a Santiago de Compostela seguindo o Camiño Inglés. Unha embarcación de sete metros feita a man que navegou desde Dublín ata o porto da Coruña en diferentes etapas realizadas durante dous anos: a primeira parada foi na bretaña francesa, máis tarde descansou en San Sebastián e, finalmente, chegou ao porto galego.

Pero, ao contrario do que podería parecer, Naoimh Gobnait non se quedou amarrada nos portos da Coruña. Os seus construtores e navegantes decidiron cargar coa embarcación e, recentemente, a Catedral de Santiago viu como aos seus pés chegaban estes intrépidos peregrinos co seu "compañeiro de viaxe".