ViveCamino

Detido en Burgos un peregrino por agredir á súa parella tras unha discusión

Un home agrediu á súa parella ao querer continuar o Camiño de Santiago só e recibir unha negativa como resposta

Un veciño alertou ás forzas de seguridade da Policía Nacional ao presenciar como un home de 40 anos sen procedencia confirmada agredía á súa parella nun parque de Burgos. O home, que foi denunciado por presuntos malos tratos, xa foi detido, mentres que a súa parella foi acompañada ao hospital polos axentes da Policía, ao comprobar que presentaba lesións.

Ao parecer a agresión estaría relacionada coa intención do home de continuar o Camiño de Santiago só, o que desencadearía nunha discusión, na negativa da muller e na posterior agresión. A parella de peregrinos levaría un ano facendo a ruta xacobea, segundo afirmou a Subdelegación do Goberno.