ViveCamino

O Camiño de Inverno xa ten a súa propia asociación de municipios

A asociación, constituída por consistorios galegos e da comarca do Bierzo, nace co obxectivo promocionar esta ruta xacobea alternativa ao Camiño Francés

Consolidar institucionalmente o Camiño de Inverno; ese é o obxectivo da nova asociación de 19 municipios creada ao redor desta variante do Camiño Francés. A asociación foi constituída esta mesma semana nun acto en Ponferrada e agrupa a consistorios da comarca do Bierzo e de Galicia que gardan en común o desexo de promocionar, poñer en valor e coidar do patrimonio desta ruta xacobea

No acto de constitución, no que participaron 14 municipios dos 19 adheridos, os participantes acordaron asinar un documento para comprometerse a poñer en marcha proxectos de interese común relacionados co Camiño de Inverno e á creación dun Observatorio Xacobeo do Camiño. O obxectivo deste observatorio é analizar as problemáticas das peregrinacións e servir de nexo de unión entre as distintas administracións, ás que está proxectado solicitar nas futuro subvencións e investimentos en infraestruturas.

O Camiño de Inverno é unha ruta alternativa ao Camiño Francés inicialmente percorrida polos peregrinos medievais para evitar atravesar a comarca do Bierzo e as neves das cotas máis altas, como O Cebreiro, nos meses máis fríos do ano. Desde o ano 2016 o Camiño de Inverno é considerado como ruta oficial pola Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia a través da Lei de patrimonio cultural de Galicia.