ViveCamino

Finalizan as obras na igrexa A Peregrina

Centradas principalmente na restauración do magnífico campanario da igrexa, que data de 1795 polos gravados da súa fachada

A igrexa A Peregrina, situada na parroquia Santa María de A Peregrina e pertencente a o Concello de Santiago de Compostela, concluíu recentemente as súas obras de restauración e mantemento. Centradas principalmente na restauración do magnífico campanario da igrexa, a construcción sufría importantes problemas de entrada de auga que xa foron resoltos.

A igrexa da localidade compostelá data de 1795 polos gravados da súa fachada. Pablo Tomé, arquitecto encargado da reparación, explicou que además da limpeza do campanario, renováronse os rexuntados deteriorados que permitían o paso da auga da choiva. Os traballos tamén centráronse no faldón norte e no tellado da cúpúa do cruceiro. As tellas, en zonas do tellado, estaban deterioradas, así que cambiáronse unha gran cantidade das mesmas. Entre outros traballos, también foron reparadas algunhas xanelas.

A obra foi finalizada cun orzamento total de 32.031 euros.