ViveCamino

Galicia e Portugal colaborarán para traballar no Camiño Portugués

Decidiuse promover un acordo de colaboración entre os departamentos de turismo de ambos os gobernos para que a Secretaría de Estado do Turismo promocione e xestione as rutas xacobeas.

Nunha reunión mantida hai uns días en Lisboa entre o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, e a secretaria de Estado do Turismo de Portugal, Ana Mendes, tomouse a decisión de promover un acuero de colaboración entre os departamentos de turismo da Xunta de Galicia e o Goberno de Portugal para que a Secretaría de Estado do Turismo lusa promocione e xestione as rutas do Camiño de Santiago que transcorran polo seu territorio.

Na reunión tamén se expuxo poder levar a cabo acciones de promoción entre os dous departamentos en feiras internacionais de turismo en EE.UU, Brasil ou China, involucrando para iso á entidade Turespaña (responsable do "márketing" da marca España no mundo e dependente da Secretaría de Estado de Turismo). Ana Mendes mostrou a súa intención de crear un sitio web centrado nas rutas xacobeas que cruzan Portugal e conectado coa páxina oficial do Camiño de Santiago para mostrar "unha visión unitaria do Camiño Portugués". A secretaria de Estado do Turismo tamén afirmou querer visitar Galicia para coñecer de primeira man a xestión do Camiño de Santiago na comunidade autónoma, especialmente a rede de albergues públicos.

Portugal situouse en 2015 como o quinto país que máis peregrinos achegou ao Camiño de Santiago, con 12.481 cidadáns, mentres que o Camiño Portugués logra situarse no que levamos de ano como a segunda ruta máis visitada, con 35.616, segundo datos da Xunta. En 2015 pasou por ruta portuguesa un total de 43.151 peregrinos.