ViveCamino

Haberá sanción para o concello de Redecilla por cubrir con formigón o Camiño

A obra realizouse á entrada de Redecilla del Camino, onde foron asfaltados uns 700 metros do Camiño de Santiago

Por medio da Delegación Territorial de Burgos, a Xunta de Castela e León confirmou que abrirá un expediente sancionador ao concello de Redecilla del Camino polas obras realizadas nun tramo do Camiño. O municipio da provincia de Burgos será sancionado por cubrir con hormigón un tramo do Camiño de Santiago, tras unha inspección técnica producida pola denuncia presentada a semana pasada pola Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago.

A obra realizouse á entrada de Redecilla del Camino, onde foron asfaltados uns 700 metros do Camiño de Santiago. A Xunta de Castela e León puido contactar co operario que executou a obra, confirmando que se trata de unha obra municipal, a pesar de que polo momento a Xunta non puido falar co alcalde do concello.

O delegado do Servizo Territorial de Cultura asegurou que se o concello desfai a obra rápidamente, o expediente sancionador será benévolo. E é que esta obra podería carrexar unha multa de ata 150.000 euros, por ser realizada sen consultar á Dirección Xeral de Patrimonio.