ViveCamino

Iniciativa para promocionar a Ruta do Argar este fin de semana en Lorca

Trátase dun evento preparatorio para a "Ruta do Argar Nonstop" que se celebrará durante 2017, unindo Lorca e Santiago en 5 días

A Asociación Lorca-Santiago será a organizadora dunha nova iniciativa, que se celebrará venres e sábado, para promocionar a Ruta do Argar. Percorreranse 283 kilómetros na "Running Nonstop" entre Lorca e Ruidera, participando 12 corredores e 4 ciclistas-guías. Trátase dun evento preparatorio para a "Ruta do Argar Nonstop" que se celebrará durante 2017, unindo Lorca e Santiago en 5 días.

Esta iniciativa, "24 horas Running Non Stop", foi presentada recentemente polo concelleiro de deportes do Concello de Lorca, Juan Francisco Martínez Carrasco, e o presidente da Asociación Lorca-Santiago, Roque Moya. A carreira de 24 horas realizarase sen parar e por substitucións, completando a citada ruta ata Ruidera.

O obxectivo da iniciativa é promocionar a Ruta do Argar, ruta homologada como un dos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela, uníndose en Toledo ao Camiño de Levante. Cada un dos 12 corredores participantes terán que realizar dúas substitucións duns 15 kilómetros cada un, a unha media non inferior a 10 kilómetros por hora.