ViveCamino

A alegría mexicana chega ao Obradoiro

Tras cruzar o océano Atlántico, o grupo de mexicanos conclúe a súa viaxe na xa mítica praza do Obradoiro cun gran sorriso.

Unha das tantas historias de ilusión e alegría que nos deixou O Camiño volve saír á palestra. O sábado 16 de xullo, chegaba á praza do Obradoiro o grupo de mexicanos que poñía fin á súa viaxe no Camiño de Santiago. Unha vintena de peregrinos que, cun gran sorriso no seu rostro, fixeron unha bonita foto como recordo da súa experiencia na que xa é unha das aventuras que traspasou fronteiras.

Tras cruzar o océano Atlántico, os centroamericanos despedíronse da viaxe visitando a Catedral, punto de encontro para todos e cada un dos peregrinos que chegan a Santiago, poñendo así fin ao seu periplo no Camiño.