ViveCamino

León xa traballa en mellorar o Camiño de Santiago de fronte ao Ano Santo 2021

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de León incide en que é necesaria unha mellor sinalización no trazado

Con este ano da Misericordia a tan só unhas semanas de finalizar (farao o 21 de novembro), as Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago xa miran de esguello o esperado próximo Ano Santo de 2021, no que se espera volver bater todos os récords de peregrinos na ruta xacobea. Para ir preparando o Camiño para a gran cita que está por chegar, na provincia de León xa se traballa nun proxecto centrado en identificar e solucionar as deficiencias do trazado mentres a Deputación segue achegando fondos a concellos e xuntas de veciños para adecuar a ruta, cedendo 70.000 euros este ano. 

Pola súa banda, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de León incide na importancia de saner o Camiño e en particular, adaptar a sinalización do mesmo aos novos tempos para lograr unha maior seguridade no paso do Camiño pola provincia. Para 2021 a asociación pide unha sinalización máis "estática" e "estética", ademais da colocación de pasarelas para que os peregrinos poidan sortear algunhas perigosos cruces con estradas nacionais e unha nova regulación de albergues.