ViveCamino

Os peregrinos chineses cada vez son máis frecuentes no Camiño de Santiago

Aínda que aínda por baixo de xaponeses e surcoreanos, cada ano son máis os ciudadados chineses que percorren a ruta xacobea

O Camiño de Santiago cada vez logra un maior reclamo entre os cidadáns chineses; unha comunidade que está a experimentar un crecemento notable nos últimos anos, a pesar de ser aínda pequena e estar por baixo de Corea do Sur e de Xapón, aínda que cada vez máis preto de alcanzar a estes últimos. En canto a comunidades asiáticas, os surcoreanos son os máis numerosos, coándose no top 10 de 2015 de países que máis pegrinos achegan con 4.073, mentres que os xaponeses colócanse no 21º lugar con 1.197 peregrinos.

China aínda é o 30º país en número de peregrinos, pero o crecemento de popularidade da ruta xacobea vai en aumento nos últimos anos; dos 520 de 2014 pasouse a 706 en 2015. Durante a primeira metade deste ano 346 peregrinos chineses xa percorrera o Camiño de Santiago antes da entrada da tempada alta de verán, polo que este 2016 o crecemento podería continuar. En xeral, o perfil destes peregrinos adoita coincidir co de estudantes de intercambio ou traballadores de empresas chinesas fincados en Europa.

O aumento de peregrinos chineses nos últimos anos achega un granito de area á cada vez maior internacionalización do Camiño de Santiago, onde os peregrinos españois xa foron minoría en 2015 (46,63%) respecto dos peregrinos chegados do estranxeiro (53,37%), dos cualtes, aínda os asiáticos supoñen menos dun 2,5%. Italianos, alemáns e estadounidenses coparon o podio de peregrinos non españois na ruta xacobea o ano pasado.