ViveCamino

Máis de 10.000 compostelas en Semana Santa no Camiño de Santiago

 

En só sete días alcánzase un novo récord en canto a número de peregrinacións no Camiño de Santiago  

 

A Ruta Xacobea establece un novo récord de afluencia tras subir en 2016 o listón máximo de número de peregrinos nun ano con 278.041 peregrinos. Segundo os datos da Oficina do Peregrino, nos 7 días da recentemente concluída Semana Santa de 2017, entregáronse na oficina en Santiago de Compostela ata 10.041 compostelas. A compostela é un documento outorgado pola Catedral de Santiago que acredita que o peregrino percorreu máis de 100 quilómetros ata a cidade compostelá. 

A pesar de que a Semana Santa deste ano caeu no mes de marzo, a cifra de máis de 10.000 compostelas supera en case 200 o último récord, establecido no pasado Ano Xacobeo de 2010, con certificados entregados a 8.256 entregados a peregrinos. O bo tempo animou a máis romeus que nunca a facer o Camiño de Santiago neste período de vacacións, que encheu de peregrinos nacionais rutas como o Camiño Francés ou o Camiño Portugués, onde varios aloxamentos na zona de Pontevedra colgaron o cartel de completo.

Fai tan só uns días, xa vos adiantabamos que tan só o pasado fin de semana chegaron a Santiago de Compostela 3.450 peregrinos (1.874 sábado + 1.576 domingo), unha cifra que supera o número de romeus que concluíron na cidade a súa peregrinación durante os meses de xaneiro e febreiro combinados.