ViveCamino

Máis de 50 hectáreas queimadas nos límites do Camiño de Santiago no Bierzo

En pleno inverno, e por mor da falta de precipitacións, o lume fai acto de presenza na comarca castellanoleonesa

Aínda que no día de onte xa se deu por controlado, un incendio arrasou entre 50 e 60 hectáreas na comarca do Bierzo, entre a pedanía do Acivro e a Cruz de Ferro, despois de que montes baixos pasasen un día ardendo, a pesar de atoparnos no inverno, estación con escasos lumes. A zona calcinada limita co Camiño de Santiago, nos montes do municipio de Molinaseca, pero afortundamente nesta época, coas baixas temperaturas son poucos os peregrinos que se aventuran por esta zona do Bierzo. Segundo afirma o alcalde da localidade, Alfonso Arias, todo indica que o incendio foi provocado. 

Á propagación do incendio, que mesmo resistiu as baixas temperaturas da noite do pasado luns, contribuíron as baixas precipitacións destes últimos meses, con todo o servizo de extinción de indencios da Junta de Castilla y León conseguiu controlalo na tarde deste martes, grazas ao traballo dun helicóptero, unha cuadrilla forestal e un buldócer. Debido á baixa cantidade de incendios durante estes meses do ano, os efectivos de extinción da Xunta atópanse baixo mínimos.