ViveCamino

Nova casa de acollida para peregrinos en Xaén

Para construír este refuxio restaurarase unha casa antiga con máis de 100 anos que se atopa situada xusto no Camiño

Os peregrinos do Camiño de Santiago que inician a súa camiñada desde o sur terán agora, en Xaén, un novo lugar no que descansar ao final das duras xornadas. Será no municipio de Alcaudete, paso obrigado para os peregrinos procedentes de Almería, Granada e algúns lugares de Xaén.

A Asociación Xacobea de Xaén confirma que o municipio contará, en breve, cunha casa de acollida para os peregrinos. Unha necesidade moi demandada pola veciños, debido ao claro aumento de peregrinos que, nos últimos anos, pasaron por Alcaudete na súa ruta cara a Santiago de Compostela.

Para construír este refuxio, restaurarase unha casa antiga con máis de 100 anos que se atopa situada xusto no Camiño, concretamente na parte baixa do Castelo de Alcaudete. As obras, xa en marcha, terminarán dentro dalgunhas semanas. A hospedaxe poderá acoller da orde de 6 a 10 peregrinos co tempo.