ViveCamino

O acosador sexual de dúas peregrinas na Coruña acepta tres anos de prisión

O acusado, que recoñeceu os feitos, aceptou a pena imposta pola xuíz, dun total de tres anos de prisión

A Audiencia Provincial da Coruña puxo fin hoxe ao caso do acosador sexual que abordou a dúas peregrinas que realizaban o Camiño de Santiago no término municipal de Mazaricos, A Coruña.

O acusado J.C.P.G., que reconoceu os feitos, aceptou a pena imposta pola xuíz, de un total de tres anos de prisión e unha indemnización de 500 euros a unha das víctimas, por danos morais, e 5000 euros á segunda das víctimas por lesións, danos morais e secuelas psíquicas. A xuíz impúxolle unha pena dun ano de prisión por un delito de agresión sexual, además de dous anos adicionais por intento de violación.

Os feitos ocorreron no ano 2010, cando o condenado intentou agredir a unha cidadá italiana, L.M., entre Negreira e o albergue de Olveira-Dumbría, logrando realizar tocamentos inapropiados. A segunda das agresións produciuse á cidadá francesa I.L.J.B, quen foi víctima dun intento de violación. Ambas lograron zafarse a tempo do agresor.