ViveCamino

O Camiño de Inverno e a Ruta Marítima serán oficiais

Grazas ao novo proxecto de "Lei do Patrimonio Cultural de Galicia" aprobado recentemente polo Parlamento.

As dúas rutas que ata o momento non eran recoñecidas formalmente como Camiño de Santiago, coñecidas como "Camiño de Inverno" e a "Ruta Marítima Xacobea", pasarán a selo co novo proxecto de “Lei do Patrimonio Cultural de Galicia” aprobado recentemente polo Parlamento.

Esta lei substituírá á de 1995 despois de ser aprobada recentemente grazas á maioría de votos do Partido Popular, pois toda a oposición rexeitou a nova lei por entender que "constitúe un retroceso". O novo Patrimonio Cultural de Galicia unificará tres normas xa existentes: a de Patrimonio Cultural de Galicia (1995), a de protección dos Camiños de Santiago (1996), e a de dotación artística nas obras públicas nas rutas xacobeas (1991).

O chamado "Camiño de Inverno" enlaza o Bierzo con Compostela a través da comarca de Valdeorras, o Val do Sil e Monforte. O texto también recoñecerá a chamada "Ruta Marítima Xacobea" ou "Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla", que pode facerse por vía marítimo-fluvial en lugar de terrestre.