ViveCamino

O Camiño de Inverno terá o seu propio cuño e postal para celebrar a súa oficialidade

A presentación tivo lugar na oficina de Correos de Monforte, onde tamén se inaugurou unha exposición sobre selos dedicados ao Camiño de Santiago

O pasado mes de agosto entraba en vigor a lei que convertía ao Camiño de Inverno en trazado oficial da Ruta Xacobea, unha gran noticia que non pasou inadvertida tanto para miles de peregrinos e institucións como a Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra. Xunto a Correos, a asociación impulsou a iniciativa de crear un cuño especial, ademais dunha postal e un sobre connemorativos do Camiño de Inverno que xa se poden adquirir na oficina de Correos de Monforte.

O deseño da postal conmemorativa mostra un mapa do trazado do Camiño de Inverno desde Ponferrada a Santiago, marcando algunhas zonas de especial relevancia como As Medulas e a Ribeira Sacra e dela puxéronse á venda 500 unidades; a diferenza da edición editada anteriormente, esta xa está franqueada e por tanto non necesita selo. En canto ao cuño conmemorativo, estará dispoñible ao público na oficina de Correos de Monforte durante o próximos dez días.

A presentación do material filatélico ha tido lugar este sábado na oficina de Correos de Monforte, ao mesmo tempo que se inauguraba unha exposición de selos relacionados co Camiño de Santiago, organizada coa colaboración de sociedade filatélica Miño Ourense e do colexio Sueiro.