ViveCamino

O Camiño de Santiago como rehabilitación para o corazón

28 peregrinos con doenzas cardíacas percorren estes días os 100 últimos quilómetros do Camiño Portugués ata Santiago de Compostela

Desde este mércores 7 ata o vindeiro domingo 11 de setembro, un grupo de ata 28 peregrinos formado por pacientes con doenzas cardíacas e os seus acompañantes percorrerán o Camiño de Santiago en cinco etapas. Exactamente concluirán a ruta xacobea desde a localidade de Tui ata Santiago nos 100 últimos quilómetros do Camiño Portugués co obxectivo de axuntar os beneficios que nestes enfermos ten o exercicio físico e a experiencia vital que supón o Camiño de Santiago. Os peregrinos percorrerán as localidades de Tui, Redondela, Pontevedra, Caldas de Rei, Padrón e finalmente Santiago de Compostela.

A iniciativa, que corre a cargo da madrileña Asociación de Corazóns Unidos pola Saúde en colaboración coa Fundación Española do Corazón (FEC), celebra xa a súa décima edición consecutiva con gran éxito. Os peregrinos percorrerán o Camiño Portugués durante cinco días, ademais dunha visita á cidade do Porto durante hoxe martes e contarán cun vehículo de apoio, ademais dun desfribilador e unha guía especializado.