ViveCamino

O Camiño de Santiago, protagonista da media maratón Palas de Rei-Melide

A iniciativa, impulsada pola Agrupación Deportiva Cerne, xurdiu en 2012 coa simple idea de organizar un evento na zona, pois non había nada parecida

Pasado maña, o próximo sábado 25 de xuño, celebrarase unha nova edición da coñecida media maratón Palas de Rei-Melide, á que tamén recoñéceselle como Os 21 do Camiño, na que se espera unha alta participación de atletas. Nesta cuarta edición o Camiño de Santiago volverá a ser o protagonista da que, sen dúbida, xa se converteu nun dos eventos deste tipo referentes da Comunidade.

A iniciativa, impulsada pola Agrupación Deportiva Cerne, surxeu en 2012 coa simple idea de organizar un evento na zona, pois non había nada parecida. Nesa primeira edición a carreira transcurreu, en parte, por unha ruta do Camiño, o que a fixo más interesante para moitos participantes. Nesta cuarta edición, aínda que se cambiou o percorrido no inicio da proba, xa que se facía extremadamente duro, novamente se añade outro tramo do Camiño de Santiago.

A saída está prevista para as 18.30 horas.