ViveCamino

O Camiño de Santiago, un espello para o "pase europeo" que expón España a Bruxelas

O ministro Méndez de Vigo propuxo medidas para fomentar o europeísmo no Consello de ministros de Educación, Cultura e Deporte da Unión Europea

Non é un segredo que a Unión Europea non pasa polo seu mellor momento, entre outras cousas por unha profunda crise de identidade e de sentimento de pertenza, que entre outros resultados, sacou ao Reino Unido do mapa dos Vinte e oito. Parece que os políticos son conscientes deste problema, e xa traballan para tentar mobilizar o "sentimento europeo" a través de medidas concretas; a última a do ministro español de Educación, Cultura e Deporte, Ínigo Méndez de Vigo.

Este martes, no marco do Consello de Ministros da Unión Europea, o popular entre outras cousas lanzou a proposta de crear en 2018 un "pase europeo cultural" para facilitar a mozos e xubilados o acceso ao coñecemento do patrimonio cultural europeo (que cada país da Unión elixiría), con importantes vantaxes económicas aplicadas por exemplo ao transporte ou a entrada a museos. A base da proposta é construír un "tour dos 28" que fose análogo ao Camiño de Santiago dentro da itinerario cultura europeo, buscando destacar a diversidade e os puntos en común que nos unen aos europeos e non o que nos separa, como ocorre coa Ruta Xacobea, que congrega a cidadáns de moitas nacionalidades ano a ano.

A proposta foi apoiada no Consello de Ministros de Educación, Cultura e Deporte da UE por países como Francia e Alemaña, que a recibiron positivamente, destacando entre outros beneficios "o positivo de que os mozos consuman cultura". Espérase que a iniciativa deste Europass sexa a clave para materializar a proposta e que esta poida converterse en algo tanxible e disfrutable polos cidadáns da Unión.