ViveCamino

O Camiño do Norte recibirá un gran investimento para a mellora das rutas

As melloras de sinalización e os traballos de acondicionamento terán lugar en catro tramos do Camiño durante o próximo mes de agosto

 

A Xunta de Galicia realizará próximamente unha forte inversión no Camiño do Norte para mellorar diferentes aspectos do mesmo, como a sua sinalización, ademáis de acondicionar algunhas das rutas. A inversión total será duns 2,3 millóns de euros. A directora do organismo Turismo de Galicia, Nava Castro, reuneuse recentemente con alcaldes dos municipios afectados en Vilalba, aos que informou que os traballos se centrarán concretamente en catro tramos do Camiño do Norte.

Entre outras melloras, facerase unha revisión e aumento da sinalización (colocaranse sinais cada 500 metros na ruta principal), e diferentes obras de acondicionamento, como a limpeza de cunetas. Os traballos comezarán durante o próximo mes de agosto, e realizaranse por tramos, comezando desde Ribadeo a Lourenzá e de Trabada a Lourenzá; seguindo de Mondoñedo a Vilalba, e entre Lourenzá e Abadín, no que concierne á comarca da Mariña.

O Camiño do Norte foi utilizado o ano pasado por 15.825 camiñantes.