ViveCamino

O Camiño do Norte, un ano como Patrimonio da Humanidade

A decisión de incluír o Camiño do Norte na lista da Unesco débese á riqueza cultural do Camiño e da súa contorna

Este martes 5 de xullo cúmprese un ano dunha das mellores noticias sobre o Camiño de Santiago dos últimos tempos: en 2015 a Unesco inclueu na lista de Patrimonio da Humanidade o Camiño de Santiago polo Norte. Incorporáronse catro rutas: o Camiño Primitivo desde Oviedo, o Costeiro, o Camiño vasco-rioxano desde Irún, e o Camiño de Liébana, que une o Camiño e o mosteiro de Santo Toribio de Liébana en Cantabria. Outras rutas, como o Camiño Francés, xa foran incluídas en 1993.

A decisión de incluír o Camiño do Norte na lista da Unesco débese á riqueza cultural do Camiño e da súa contorna, así como gran cantidade de monumentos históricos como pontes, albergues, hospitais, igrexas e catedrais. A súa candidatura foi un traballo conxunto entre as cinco comunidades polas que discorre a ruta: País Vasco, Cantabria, A Rioxa, Asturias e Galicia.

Para conmemorar este aniversario, o Goberno cántabro entregará hoxe un diploma aos municipios polos que discorre a ruta.