ViveCamino

O Camiño Primitivo, o do Norte e o Camiño de Inverno gañan adeptos

Calcúlase que, desde o último ano xacobeo, estas rutas foron elixidas por máis de 133.000 peregrinos

Aínda que as principais rutas do Camiño de Santiago seguen atraendo á maior parte de peregrinos, especialmente o Camiño Francés - o máis transitado, non menos certo é que as rutas "alternativas" son, cada vez máis, as opcións preferidas de moitos peregrinos. Rutas como o Camiño Primitivo, o Camiño do Norte e o Camiño de Inverno, son as preferidas de moitos camiñantes por ser menos masivas e ter más tranquilidade.  

Calcúlase que, desde o último Ano Xacobeo, estas rutas foron elixidas por máis de 133.000 peregrinos para realizar o famoso Camiño ata Santiago de Compostela. Xustamente as tres rutas citadas recibiron, nos últimos tempos, recoñecemento oficial, o que lles deu moita máis proxección internacional. O Camiño Primitivo e o do Norte foron recoñecidos en 2015, mentres que o Camiño de Inverno foi recoñecido oficialmente o pasado mes de abril, xunto á Ruta Marítima Xacobea.

O Camiño de Inverno é, polo momento, unha ruta pouco transitada, pero con estadeísticas o alza. Tras o seu recoñecemento, moitas asociacións están movilizándose para pedir unha mellor infraestrutura para aqueles peregrinos que deciden transitalo para realizar o Camiño de Santiago, así como unha maior promoción do mesmo.