ViveCamino

O Consello Xacobeo traballará para frear as fraudes no Camiño

A unificación das sinais pretende que os peregrinos gañen en información e saiban perfectamente cando se perden ou seguen unha ruta non oficial

O Consello Xacobeo, organismo que facilita a comunicación entre a Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomas que forman parte do Camiño de Santiago, reuneuse onte no Castelo de Ponferrada para valorar a proposta de Castela e León sobre a sinalización do camiño; habrá unificación das sinais para dar maior peso ás oficiais, e desta maneira evitar as confusións e as fraudes nas rutas.

A unificación das sinais pretende que os peregrinos gañen en información e saiban perfectamente cándo se pérden ou cándo a sinalización confusa pode ser froito da picaresca dalgúns cidadáns. A sinalización unificarase contorna ao Camiño Francés e as súas rutas alternativas, motivo polo que na reunión asistiron representantes do País Vasco, Navarra, Castela e León, A Rioxa, Aragón ou Galicia.

Por suposto, polo momento a Xunta de Castela e León e o Consello Xacobeo non propoñen cambiar toda a sinalización actual, pero sí que as novas indicacións cumpran uns parámetros básicos oficiais, como tipoloxías, soportes, formatos e ubicación.