ViveCamino

O Foro do Camiño Primitivo denunciará á Xunta se continúan as obras na Fonsagrada

Este foro solicita á Dirección Xeral de Patrimonio que paralice as obras por incluír grava e cemento, nun camiño coñecido pola súa historia e tradición

As organizacións e colectivos culturais téñeno claro, o Camiño Primitivo non se toca... A polémica polas melloras e o acondicionamento de certas rutas do Camiño de Santiago, especialmente do Camiño Primitivo e do Camiño do Norte, segue sen ter fin.

O Foro do Camiño Primitivo, formado por máis de 30 colectivos culturais, pide a Axencia Galega de Turismo que paralice as obras que se están realizando no acondicionamento do Camiño Primitivo ao seu paso polo municipio da Fonsagrada, onde se asfaltarán ata 12 kilómetros de camiño.

Este foro solicita a Dirección Xeral de Patrimonio que paralice as obras por incluír grava e cemento, nun camiño coñecido pola súa historia e tradición. Se as obras non se paralizan, o colectivo non descarta denunciar á Xunta á Unesco; debemos lembrar que en xullo do ano pasado a Unesco declarou Patrimonio da Humanidade o Camiño Norte e o Camiño Primitivo.