ViveCamino

O porto deportivo de Viveiro fará accesible por mar o camiño de Santiago

Os peregrinos que cheguen por mar poderán selar a sua compostela en Viveiro e, por suposto, terminar o Camiño andando desde o pobo da costa de Lugo

A campaña "Navega o Camiño" suma un punto más á iniciativa que promove o colectivo North Mariña co porto deportivo de Viveiro. Este será un dos 17 portos do Cantábrico e Galicia que, a partir do próximo mes de xullo, farán accesible por mar o Camiño de Santiago.

Os concelleiros de Viveiro responsables de Turismo, Marisol Rey, e Mar, Jesús Fernández, valoraron esta iniciativa como "moi positiva, boísima para Viveiro". Os peregrinos que cheguen por mar poderán selar a sua compostela en Viveiro e, por suposto, terminar o Camiño andando desde o pobo da costa de Lugo. Os navegantes poderán deixar o iate no porto de Viveiro, facer o Camiño andando e enviar a equipaxe por Correos ao punto de destiño.

O 25 de xullo espérase o primeiro grupo de iates, pero sen dúbida a iniciativa atraerá a más turistas, pois promoverase en publicacións francesas, alemás e británicas.