ViveCamino

O Forum Peregrino analizará en Tui os problemas do Camiño

O encontro celebrarase este sábado 30 de setembro no Centro de Interpretación do Camiño de Tui

Cada ano o Camiño de Santiago bate récords de afluencia de peregrinos, unha dinámica que parece vai seguir mantendo polo menos ata a celebración do próximo Ano Xacobeo 2021. Este crecemento enche cada ano as principais rutas xacobeas de peregrinos, pero á vez que impulsa un notable desenvolvemento económico tamén ocasiona novas problemáticas descoñecidas ata agora, novos retos aos que se teñen que enfrontar tanto as asociacións de amigos do Camiño de Santiago, como as propias institucións.

Falamos por exemplo da masificación de peregrinos, o estado das rutas ou os trazados recoñecidos oficialmente polas institucións, temas que precisamente serán tratados no inminente 'Forum Peregrino: Os Camiños de Santiago en Galicia', que se celebrará este sábado 30 de setembro en Tui, Pontevedra.

O encontro está organizado por Iacobus Tui e Baixo Miño, o Concello de Tui (un dos puntos que maior tránsito de peregrinos recibe en toda España) e a Deputación de Pontevedra e terá lugar no Centro de Interpretación do Camiño, desde as 10:00 ata as 20.00 h. Alí terán lugar varias conferencias e debates sobre o estado actual do Camiño de Santiago, coa participación de relatores representantes de varias rutas repartidas por toda a xeografía.