ViveCamino

Os Amigos do Camiño de Santiago por Muros-Noia chegan á Praza do Obradoiro

O colectivo asegura que seguirá organizando eventos e mobilizando a veciños e peregrinos ata que a ruta se converta nunha variante do Camiño Inglés

O colectivo de Amigos do Camiño de Santiago por Muros-Noia segue reivindicando a oficialidade desta ruta, esta vez na propia capital galega, Santiago de Compostela, tras chegar á Praza do Obradoiro despois de catro etapas.

O redor dun centenar de persoas chegaban onte aos pés da famosa Catedral, logrando o obxectivo de, novamente, facer que as súas reivindicacións fosen coñecidas por máis e máis persoas e peregrinos. A oficialidade da ruta por Muros-Noia é unha das demandas que máis dimensión están alcanzando nas últimas datas. O colectivo asegura que seguirá organizando eventos e mobilizando a veciños e peregrinos ata que a ruta se converta en unha variante do Camiño Inglés.

Algunhas das autoridades dos municipios polos que transcorre a ruta decidiron apoiar, durante o Camiño, aos organizadores e participantes nesta reivindicación, como é o caso de Rois. Os peregrinos desta ruta non oficial chegaban a Santiago cuna cuncha dun berberecho, emblema da sua reivindicación e un símbolo de Noia.