ViveCamino

Os Bombeiros de Burguete auxilian a unha parella de peregrinos

A parella de peregrinos coreano-canadenses, de avanzada idade, foi atopada exhausta polo esforzo realizado

Durante a xornada do martes 26 de abril unha brigada dos Bombeiros de Burguete tiveron que realizar unha saída de emerxencia para socorrer a unha parella de peregrinos, que se atopaban preto do refuxio de Izandorre, na subida ao Alto de Ibañeta. Non é a primeira vez que os bombeiros participan no rescate de peregrinos neste refuxio, sobre todo nestas datas, onde a neve ou a néboa poden complicar o camiño e desorientar aos camiñantes.

La parella de peregrinos coreano-canadenses, de avanzada idade, foi atopada exhausta polo esforzo realizado. Foron eles mesmos os que alertaron aos equipos de rescate por medio do teléfono 112 ás 16:43 horas da tarde, informando da súa localización: atopábanse á altura do poste 29 no Camiño de Santiago.

Unha brigada dos Bombeiros de Burguete saleu ao encontro dos peregrinos, un home de 76 anos e unha muller de 70, encontrándoos en bo estado de saúde pese ao cansazo. Foron trasladados por medio dun vehículo todo terreo. Non foi necesario o seu ingreso nun hospital, polo que os bombeiros trasladáronos ao refuxio de Roncesvalles.