ViveCamino

Os hostaleiros piden máis coidados na sinalización do Camiño de Santiago

O "Gremio de Hospedaxe de Compostela e Camiños de Santiago" reuniuse esta mañá, en Lugo, co deputado responsable de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal.

Profesionais da hostelería de distintos puntos de Galicia e membros do "Gremio de Hospedaxe de Compostela e Camiños de Santiago", asociación creada co obxectivo de dar a coñecer o valor patrimonial, gastronómico, cultural, social e relixioso de todos os camiños; solicitaron recentemente un maior coidado das sinalizacións oficiais das diferentes rutas xacobeas.

De forma específica, o gremio solicita unha revisión na sinalización do chamado "Camiño de Inverno", unha das dúas rutas recoñecidas formalmente como Camiño de Santiago co novo proxecto de “Lei do Patrimonio Cultural de Galicia”, aprobado recentemente polo Parlamento. Os hostaleiros afirman que na devandita ruta existe unha evidente falta de sinalización nalgúns dos seus tramos.

O "Gremio de Hospedaxe de Compostela e Camiñvos de Santiago" reuneuse recentemente, en Lugo, co deputado responsable de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal. Os responsables do Gremio mostraron a súa total dispoñibilidade para traballar conxuntamente nas actuacións e plans estratéxicos de turismo levados a cabo desde a deputación.