ViveCamino

Os municipios de Aragón unidos polo Camiño de Santiago

Reuníronse no día de onte con representantes da deputación e da Asociación de Municipios do Camiño, para impulsar o Camiño Aragonés

Os 15 municipios polos que transcorre o Camiño Francés por Aragón (tamén chamado Camiño Aragonés), reuníronse no día de onte con representantes da diputación e da Asociación de Municipios do Camiño, para impulsar a promoción da coñecida ruta francesa ao seu paso pola comunidade autónoma de España. O Camiño de Santiago é un destino turístico moi atractivo que promover, e máis unha ruta como o Camiño Francés, a máis transitada de todas.  

A reunión, presidida polo conselleiro de Vertebración do Territorio, Mobilidade e Vivenda, José Luís Soro, consisteu en elaborar algunhas directrices na Ordenación Territorial do Camiño de Santiago. O conselleiro destacou a importancia da unión de todos os municipios implicados, valorando positivamente a reunión para que o tramo aragonés volva ser un referente dentro do Camiño Francés.

Algúns dos puntos comentados foron o acondicionamento de diversos camiños e, por suposto, unha mellora na sinalización.