ViveCamino

Ourense quere potenciar a chamada Ruta da Prata

Hai 20 anos o Concello de Ourense e a Deputación lanzaron unha iniciativa para formar un grupo de traballo integrado polos quince municipios polos que transcorre a ruta

Novamente o Concello de Ourense quere potenciar este camiño, convocando a traballar xuntos aos quince municipios.

Xa fai 20 anos o Concello de Ourense e a Diputación lanzaron unha iniciativa para formar un grupo de traballo integrado polos quince municipios polos que transcorre a chamada Ruta da Prata, co obxectivo de definir correctamente algúns criterios desta vía do Camiño de Santiago.

Este proxecto, que se presentou en abril de 1996, tivo como principal inconvinte a financiación e, desde a concellería de Cultura de Ourense, instábase a que os propios municipios polos que transcurría ruta habilitasen un orzamento mínimo para empezar a traballar.

Os obxectivos eran varios, incluíndo definir o percorrido específico desta vía, recuperar os principais monumentos situados no itinerario e promocionar os concellos, centrándose na súa oferta paisaxística e patrimonial. Haberá que esperar para ver se, esta vez, a medida resulta na toma de decisións sobre a Ruta da Prata.