ViveCamino

Pedro Antonio Peña, en busca da súa 57 compostela aos 79 anos

Sumando todo o tempo que estivo en peregrinación cara a Santiago de Compostela, este apaixonado do camiño pasou ao redor de cinco anos andando sen parar

Un auténtico profesional do camiño, así poderiamos describir a Pedro Antonio Peña, que aos seus 79 anos xa conseguiu selar 56 veces a compostela. Agora este residente en Marbella, a pesar de padecer do corazón durante más dunha década, disponse a completar a súa ruta número 57, a única do camiño pola que ainda non pasou: a Variante Espiritual.

Recentemente Pedro Antonio Peña completou, por sexta vez, o Camiño Primitivo. Desta forma, e sumando todo o tempo que estivo en peregrinación cara a Santiago de Compostela, este apaixonado do camiño pasou ao redor de cinco anos andando sen parar, percorrendo ao redor de 300.000 kilómetros en total.

Este peregrino viviu, co paso dos anos, o cambio do Camiño de Santiago. Entre 1987 e 1996 fixo o Camiño Francés doce veces, pero recoñece que desde entón non volveu a facer a devandita ruta, pois a partir de entón o traxecto comezou a masificarse perdendo parte do seu encanto. Por aquel entón, os peregrinos podían contarse en apenas unhas decenas de miles ao ano, mentres que agora son centenares de miles de peregrinos os que chegan todos os anos a Santiago.

Este catalán de nacemento conta que conoceu Santiago na súa lúa de mel, e non foi ata 1987 cando se decidiu a realizar a súa primeira ruta totalmente só, pois "é o que lle engancha".