ViveCamino

Peregrinan a Santiago para pedir o "Emotijo"

Veremos en Whatsapp o emoticono dun botijo? Peregrinar cara a Santiago quizais poida conseguilo

Algúns peregrinos camiñan cara a Santiago por relixión e respecto cara á súa relixión. Outros o fan para coñecer outros lugares, zonas nas que nunca estiveron, camiñando, andando en bicicleta ou dacabalo. Moitos realizan o Camiño de Santiago como unha actividade turística e lúdica. Agora súmase á lista a peregrinación cara a Santiago para pedir que Whatsapp inclúa un emoticono específico na súa base de datos. 

Falamos da iniciativa coñecida como "Emotijo", tanto en redes sociais como na localidade cordobesa de La Rambla, que é onde se iniciou esta aventura. Dous dos seus veciños, Ladislao Nieto e José Perote, partiron este mércores en motocicleta cara a Santiago, co obxectivo de apoiar e dar visibilidade á súa campaña "Emotijo". A petición está dirixida aos responsables de Whatsapp, a famosa aplicación de comunicación para móbiles.

Os embaixadores da campaña viaxan ata Santiago acompañados das súas alforxas de botijos da devandita localidade, simplemente para pedir a inclusión dun emoticono do botijo que todos poidan usar. Está previsto que, á súa chegada a Santiago, sexan recibidos polo alcalde Martiño Noriega.