ViveCamino

Peregrinando a Santiago para celebrar o recoñecemento do Camiño Primitivo

A Asociación Astur-Leonesa de Amigos do Camiño de Santiago celebra a declaración do Primitivo como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO

Este luns 9 de xaneiro foi presentada en Oviedo unha iniciativa que pretende poñer en valor o histórico Camiño Primitivo, celebrar a súa declaración como Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO e por último, pero non por iso menos importante, achegar esta ruta pioneira á xente que non pode percorrela na súa totalidade. Trátase dun plan de peregrinación proposto pola Asociación Astur-Leonesa de Amigos do Camiño de Santiago (entidade que xestiona o albergue de Oviedo) ao que xa se uniron 100 persoas. 

A peregrinación ideouse para percorrerse en días non consecutivos e constará de 14 etapas en total, percorrendo 319 quilómetros. As tres primeiras realizaranse os domingos comezando este 15 de xaneiro, mentres que a partir do 25 de xaneiro para o resto de etapas utilizaranse dous días (sábado e domingo), con pernoitas previstas cada sábado. A peregrinación culminará o próximo 11 de xuño en Santiago de Compostela coa misa do peregrino na catedral.

O Camiño Primitivo, que conta con ata once séculos de historia ás súas costas, é a ruta orixinal dos primeiros peregrinos antes de que o Camiño Francés tomará peso nos séculos posteriores, dejándo esta senda primigenia nun segundo  plano. Entre estes peregrinos están incluídos o rei astur Alfonso II O Casto e o seu corte, que tras coñecer a noticia de que se supostamente atopáronse os restos mortais do Apóstolo Santiago, viaxou a Compostela. Por esta razón tradicionalmente considéraselle como o primeiro peregrino á cidade santa.