ViveCamino

Pola de Allande mellorará o Camiño de Santiago na súa entrada

Máis de 30.000 euros do orzamento estarán destinados a mellorar o Camiño de Santiago ao seu paso por Pola de Allande

Recentemente o pleno do Concello de Allande, concello da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias, confirmou un aumento da partida do orzamento destinado á mellora de infraestruturas ao longo do municipio. Máis de 200.000 euros serán investidos para mellorar a calzada en diferentes puntos, como nas parroquias de Monón, Villaverde ou Almoño.

Ademáis, máis de 30.000 euros do orzamento estarán destinado a mellorar o Camiño de Santiago ao seu paso por Pola de Allande, a capital do concello. Concretamente haberá melloras na entrada de Pola de Allande, onde se acondicionará parte do Camiño e se tentará sacar da calzada un tramo que transcorre pola estrada. Polo momento non se confirmou a data de inicio e de final destas obras no municipio do Principado.