ViveCamino

Promocionar o Camiño do Norte; obxectivo de Asturias e Galicia

Alcaldes e asociacións reuníronse recentemente en Trabada para falar sobre esta ruta e como poder potenciala

Aínda que o Camiño Francés ou o Camiño Portugués son os máis coñecidos pola maioría de turistas, o certo é que existen moitas outras rutas xacobeas que certos turistas prefiren para realizar. Nelas, polo xeral, os peregrinos teñen moitas menos axudas e facilidades, pero gozan dunha maior tranquilidade e moita menos afluencia de público.

Unha das rutas menos coñecidas é o Camiño Histórico do Norte, que responsables galegos e asturianos consideran non esta ben sinalizada. Recentemente un numeroso grupo de alcaldes e responsables de asociacións relacionadas co Camiño de Santiago, reuníronse en Trabada para poñer de manifesto a necesidade de recuperar e promocionar esta ruta. 

Entre as medidas comentadas, está a de ser promocionado por operadores de turismo e guías da zona, pero ademais a necesidade de crear infraestruturas públicas que faciliten a chegada de turistas e peregrinos a esta ruta. De feito, Trabada rehabilitará os baixos da escola para acoller prazas, e está planificada a construción dun albergue que se recollerá nos orzamentos de 2019.

Outros puntos para tratar na reunión foron a limpeza dos camiños na citada ruta, onde algúns tramos a maleza non deixa practicamente camiño aos peregrinos. Polo momento seguen pasando apenas uns centenares de peregrinos ao mes polo Camiño Histórico do Norte, desde Castropol ata Arzúa, pero espérase que o número aumente ano tras ano.