ViveCamino

Realiza o Camiño pola ruta portuguesa cunha perna ortopédica

Belén Soriano Raga chegou recentemente a Santiago, demostrado unha vitalidade e unha forza de vontade que, sen dúbida, será de exemplo para moitos outros

É o recente e superado reto de Belén Soriano Raga, unha peregrina valenciana que, a pesar de ter unha prótese ortopédica na perna dereita, quixo realizar o Camiño de Santiago pola ruta portuguesa. Belén non entende de impedimentos físicos, e con esforzo todo pode lograrse.

Belén, que hai 10 anos, cando lle amputaron a perna, pasou por un período moi complicado da súa vida, quixo demostrar así que todo depende da vontade, e que ningún reto está fóra do seu alcance. Algo que, por suposto, nin se lle pasou pola cabeza na súa dura rehabilitación que durou uns 3 anos. Con todo, Belén demostrou unha vitalidade e unha forza de vontade que, sen dúbida, será de exemplo para moitos outros.

Desde a amputación da súa perna esta valenciana quixo cumprir este e outros retos, realizando xa un salto en paracaídas e un descenso do Sela en piragua; agora era a quenda das ruta xacobea. Comezando desde O Porriño, onte Belén chegou a Santiago cunha amiga, vendo superado o seu último reto. E é que, a pesar de que a prótese pesa moito e houbo momentos nos que quixo abandonar, o Camiño impulsoulle a seguir adiante. Agora xa pensa no seu próximo reto.