ViveCamino

Recollida de firmas para mellorar un cruzamento do Camiño do Norte en Boimorto

Candelas Lozano comezou unha recollida de firmas entre os veciños e os peregrinos que chegan á zona a través do Camiño do Norte

A seguridade nalgúns puntos das diferentes rutas do Camiño de Santiago segue estando en dúbida. Se fai algúns días as queixas focalizáronse nalgúns tramos de Pontevedra do chamado Camiño Portugués, agora as queixas céntranse no Camiño do Norte, concretamente nun cruzamento de estradas situado en Boimorto.

Candelas Lozano, veciña da localidade e afectada pola falta de seguridade do cruzamento, teme que haxa que lamentar unha desgraza para que a administración adopte as medidas oportunas, pois a súa reclamación non é nova, e dende fai anos píde máis seguridade. Candelas Lozano comezou unha recollida de firmas entre os veciños e os peregrinos que chegan á zona a través do Camiño do Norte para que se mellore a seguridade viaria na intersección.

Á altura de Corredoiras únense tres estradas: a que conduce a Melide (AC-840), a que se dirixe a Arzúa (AC-234), e a que se dirixe a Sobrado (AC-934). É por esta última da que veñen a maioría de peregrinos, tras 9 kilómetros de ruta, chegando ao Bar Carreira de Candelas Lozano e o seu marido. Os hostaleiros reclaman un muro de protección para protexer a terraza do seu local, que se sitúá o bordo do cruzamento. Nos últimos 20 anos houbo, polo menos, 8 accidentes que provocaron danos na vivenda, polo que os veciños pensan que só é cuestión de tempo que unha desgraza afecte a un dos peóns ou peregrinos.