ViveCamino

Recompilación de todos os atentados contra o patrimonio do Camiño de Santiago

A Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago aprobou este fin de semana a realización dunha "lista negra" de atentados contra o patrimonio

Os últimos meses estiveron protagonizados por duras acusacións de diferentes organizacións cara a algunhas obras públicas no Camiño de Santiago e, ante a indiferenza da Xunta, finalmente o asunto foi denunciado polo Foro do Camiño, composto por máis de trinta organizacións culturais, ante o Consello Internacional de Monumentos e Sitios Histórico-Artísticos (ICOMOS), quen actúa como conselleiro técnico para a UNESCO.

Non é o único capítulo deste escabroso asunto, nin doutros atentados contra o patrimonio... A Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago aprobou este fin de semana a realización dunha "lista negra" na que se recompilasen os atentados contra o patrimonio monumental e artístico no Camiño de Santiago. O historiador Miguel Cajigal será o encargado de organizar esta comisión, cuxa lista debería estar en funcionamento a finais de ano.

A lista pretende que, cando saen noticias en prensa denunciando atentados contra o patrimonio na prensa, o asunto non se esqueza e se perda no tempo, debido a que a lista será pública na web da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago. Por suposto, os particulares poderán enviar á Fraternidade denuncias que serán atendidas polos responsables e contrastadas por expertos.