ViveCamino

Renfe pon en marcha o Tren do Peregrino

Se fas a Ruta Xacobea co Tren do Peregrino obterás ao final da viaxe un certificado facsímile emitido pola catedral de Santiago de Compostela.

Renfe ofrecerá unha nova oportunidade e experiencia de percorrer o Camiño de Santiago, dunha forma moi diferente ás habituais, en tren. A Rede Nacional dos Ferrocarrís Españoles lanzou na sua páxina web a chamada iniciativa "Tren do Peregrino", que formará parte dos seus trens turísticos durante o próximo verán.

"Percorra o Camiño dunha forma diferente, con saída desde Madrid e a bordo dun cómodo TrenHotel", asegura Renfe na sua páxina web. Nun percorrido que durará 5 días e 4 noites, os "peregrinos" pasarán por Madrid, Astorga, Ponferrada, Monforte, Ourense, Santiago e, para finalizar, regresarán novamente a Madrid. Hai actualmente catro saídas previstas para o Tren do Peregrino: 28 xullo, 4 de agosto, 11 agosto e 18 agosto.

Cada día os viaxeiros do tren poderán realizar a etapa correspondente a pé ou en bicicleta, ou ben coñecer a cidade. Cada tarde os pasaxeiros poderán gozar de visitas guiadas e outras actividades. Permítese unha bicicleta por persoa ata un máximo 10 bicicletas por tren, previa reserva. Podes consultar máis detalles na web de Renfe.

Se fas a Ruta Xacobea co Tren do Peregrino obterás ao final da viaxe un certificado facsímil emitido pola catedral de Santiago de Compostela.