ViveCamino

Rescatado un peregrino perdido en Combarro

O viaxeiro facilitou a tempo as súas coordenadas ao 112, sendo rescatado pouco despois polo equipo de Protección Civil

A pasada noite do luns 2 de maio, un peregrino foi rescatado nun cruzamento de camiños en Teinogueira, na parroquia de Combarro.

O peregrino púxose en contacto previamente co 112 para informar da sua situación. Perdido á altura de Poio, e seguindo as indicacións do persoal do Centro de Atención de Emerxencias, o viaxeiro facilitou as súas coordenadas.

Pouco despois, o servizo de Protección Civil de Poio rescatou ao camiñante en perfecto estado de saúde, sendo trasladado a un albergue. O peregrino explicou que, tras unha hora e media de traxecto, se perdeu ao seguir un camiño que non se correspondía co indicado no itinerario.