ViveCamino

Sail The Way, a iniciativa marítima para promocionar o Camiño de Santiago

Os peregrinos que están a participar en 'Sail The Way' partiron desde Hondarribia o pasado luns 18 de xullo e chegarán a Santiago o mércores 27

Nova iniciativa para lembrar que o Camiño de Santiago non só se pode realizar a pé ou en bicicleta, tamén pode existir unha parte do Camiño por mar. E é que son cada vez máis os peregrinos que se animan a realizar algunha etapa, ou a súa aproximación ás costas españolas, por medio dunha embarcación a vela e chegando polo Cantábrico.

Isto é, ademais, o que tenta promocionar a iniciativa 'Sail The Way', organizada pola asociación de mariñas privadas do norte de España. Segundo datos dos organizadores, na iniciativa, actualmente en desenvolvementos, participan máis de 40 barcos de vela - algúns mesmo din chegar ás 80 embarcacións, de entre 12 e 14 metros de eslora.

Os peregrinos que están a participar en 'Sail The Way' partiron desde Hondarribia o pasado luns 18 de xullo. Todos eles pretenden alcanzar Santiago de Compostela o vindeiro mércores 27, tras completar o último tramo en autobús desde o porto da Coruña, percorrendo os últimos 10 quilómetros a pé. Serán un total de 7 etapas nas que cubrirán 360 millas náuticas, un 670 km.

Actualmente atópanse en Viveiro, chegando no día de onte desde Xixón na única etapa nocturna da viaxe, incluída para darlle maior emoción á aventura.