ViveCamino

Sospeitoso desvío no Camiño Primitivo de Bascuas

Unha sinalización "caseira" provoca que os peregrinos se desvíen uns 300 metros do tramo oficial, pasando por diferentes puntos de interese e un establecemento

A ruta do Camiño Primitivo, ao seu paso pola localidade de Bascuas, en Lugo, foi desviada sospeitosamente uns 300 metros do trazado habitual, pese ao recente acondicionamento do trazado orixinal.

Na baixada das canteiras de Bascuas, nun punto concreto, alguén retirou a quilometraxe e as placas oficiais que indican o paso do camiño orixinal para desvialo por outra ruta, pintando ademáis unhas sináis que despistan ainda máis aos peregrinos. O trazado orixinal parece presentar sementa de herbas, aparentando que o camiño está abandonado e non é utilizado polos peregrinos.

Desta forma, os peregrinos seguen engañados o novo desvío que os leva pola igrexa parroquial, guiados por unhas placas "colocadas" por este trazado non oficial que une o núcleo parroquial de Bascuas coa aldea de Daquelcabo. Xusto antes de que os peregrinos volvan retomar a ruta oficial do Camiño Primitivo, atópanse cun local de lecer onde se venden refrescos, cervexas e bebidas isotónicas a 1,50 euros a lata en máquinas expendedoras. Este camiño non oficial alonga o tramo ata os 1230 metros, cando o tramo oficial só ten 930 metros.