ViveCamino

Un grupo de ASPNAIS completa o Camiño de Santiago

Á súa chegada á capital galega esperábaos a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro

Un grupo dunhas 32 persoas de ASPNAIS, a Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo, chegaron recentemente a Santiago de Compostela tras completar algunhas rutas do Camiño de Santiago. Á súa chegada á capital galega esperábaos a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro. Estas 32 persoas elixiron unha das rutas menos saturadas na actualidade, pero que cos anos gañou moita repercusión, o Camiño Primitivo.

ASPNAIS constituíuse como unha entidade privada sen ánimo de lucro e personalidade xurídica propia. Foi declarada de utilidade pública o 9 de Setembro de 1996. O obxetivo da asociación é "contribuír, desde o noso compromiso ético, con apoios e oportunidades, a que cada persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e a súa familia poidan desenvolver o seu proxecto de calidade de vida, así como promover a inclusión como cidadá de pleno dereito".