ViveCamino

Un grupo de presos gozan sete días do Camiño de Santiago

Os obxectivos da iniciativa son avanzar cara á normalización das vidas destes presos e, por outra banda, que a sociedade vexa que é posible a reinserción

Un grupo de seis presos da cárcel de Segovia chegaron a Santiago de Compostela durante o día de onte tras completar unha ruta que os mantivo en liberdade durante sete días. En peregrinación desde O Cebreiro, a experiencia parece ser tremendamente positiva para este grupo de presos de entre 22 e 40 anos, "o mellor foi sentir que confían en mín, o que me obriga a non defraudalos", aseguraba Juan Sebastián Corrales Gallego.

Todos os presos que gozaron desta experiencia de peregrinación e, dalgunha forma "penitencia", cumpren condena e teñen problemas relacionados coas drogas. Con todo, a penitencia non é, en ningún caso, o obxectivo, según Jesús Hernández, un dos educadores que os acompañan. O obxectivo é poñer en práctica "as habilidades aprendidas nas terapias realizadas na cárcel, e comprobar que poden aplicalas á vida real".

O Camiño destes presos cumpre dúas funcións adicionais, según os educadores: avanzar cara á normalización das vidas destes presos e, por outra banda, que a sociedade vexa que é posible a reinserción. Además de percorrer o propio Camiño, a cárcel de Segovia preparou charlas sobre o seu patrimonio artístico, e hoxe os presos farán unha visita guiada polo casco histórico de Santiago xunto ao arquitecto José Allegue.