ViveCamino

Un párroco irlandés peregrinará ata Durham para reivindicar un trazado non oficial do Camiño

Este párroco irlandés quere reivindicar o tramo británico para que sexa recoñecido oficialmente no Camiño Inglés

Colm Hayden é un párroco de Saint Godrics que este próximo fin de semana peregrinará ata Durham para reivindicar un trazado non oficial do Camiño de Santiago, concretamente do Camiño Inglés. Colm é un firme defensor da incorporación dun tramo británico ao trazado do Camiño Inglés, que actualmente comeza nos portos da Coruña e Ferrol; "o Camiño Inglés arrinca en Finchale", asegura.

Este párroco irlandés quere reivindicar o tramo británico para que sexa recoñecido oficialmente, motivo polo que o sábado realizará unha pequena ruta de seis kilómetros entre a abadeía de Finchale e a catedral anglicana de Durham, no Noroeste de Inglaterra. De modo simbólico, os peregrinos que este sábado realicen a pequena ruta e cheguen á catedral anglicana de Durham, poderán selar a súa credencial e recibir un certificado da peregrinación.

Colm Hayden recoñece que os esforzos para o recoñecemento oficial desta ruta do Camiño Inglés son, neste momento, tímidos, e que as administracións poderían implicarse moito máis. Sobre todo ao tratarse dunha ruta histórica e con argumentos de peso para a sua oficialización.