ViveCamino

Un veleiro de 120 anos, protagonista do Camiño de 50 peregrinos

Tras atracar na Coruña, os pasaxeiros deste particular navío foron transportado en autobús ata Fisterra, desde onde partirán a Santiago

 

Belem é o nome dun impresionante veleiro construído no século XIX e que, recentemente, chegou ata o porto da Coruña transportando nada menos que 50 peregrinos que, por suposto, continuarán o seu particular e envexable Camiño de Santiago. Non todo o mundo pode presumir de realizar parte do Camiño nun barco construído no estaleiro de Nantes en 1896.

Entre os peregrinos, atópanse gran cantidade de camiñantes franceses e alemáns, aínda que entre eles destaca unha peregrina de Canadá, Silvia Hanes, quen asegura que "levo o Camiño e ao apóstol Santiago no meu corazón". Unha boa mostra do que significa o Camiño en cidadáns e crentes doutros países.

Tras atracar na Coruña, os pasaxeiros deste particular navío foron transportado en autobús ata Fisterra, onde queren ver o chamado "fin do mundo", para logo continuar en ruta ata Santiago de Compostela.

Iso sí, viaxar no veleiro más antigo de Europa non é barato. A travesía desde Francia custa 48.000 euros, cifra ao alcance de moi poucos.